Main Menu
Inicio
Saúdo do Alcalde
Presentación
Situación
Xeografía
Historia
Turismo
Parroquias de Padrenda
Festas
Créditos
O Concello
A Corporación
Publicacións
Inicio arrow Xeografía
   
Xeografía PDF Imprimir Correo-e

O territorio presenta un relevo moi quebrado, que cae en altitude de sur a norte. Así na fronteira con Portugal, Pena Rubia ( Na Serra do Leboreiro), alcanza os 1.227 m. dende aquí, a medida que se encaixa a rede fluvial dos afluentes do río Miño, caso do Barxas e Deva incluso do propio Miño, as terras descenden ata os 100 m. O dominio de serra medio-baixa comprende a área Sur e Este do municipio, con altitudes como a devandita Pena Rubia de 1.227 m. que presenta unha suave topografía, moi desgastada pola erosión. A superficie de aplanamento superior, hacia o centro e Leste ( pobos de Gorgua, Monterredondo e Padrenda), é un escalón paralelo ó anterior onde afloran núcleos montañosos coma o do Alto do Bostelo 719 m. Aquí confluen varios regatos que forman as cabeciras dos ríos: Baxas e Gorgua, surcos fluviales que comenzan a fraguar vales por debaixo dos 600 m. pertencentes á superficie de aplanamento inferior (Crespos), que xunto coa área de vales (Condado, Desteriz, Padrenda), descende ata os 200 m. en Pontebarxas. Paisaxe, en definitiva, de montaña ó Sur, e de ribeira ó Norte; pois nos debemos esquecer que o maxestuoso discurrir do Miño, constitue a arteria fluvial principal.

 

 
© 2006 | design by Matthias Miro